Falece a ocupante dun dos turismos accidentados en Cores – Ponteceso

0 minutes read

O sinistro tivo lugar o pasado día 6 de xullo, cando a vítima se dirixía de acompañante nun vehículo conducido por un familiar pola estrada DP-4307 que une Malpica e Ponteceso. Á altura da parroquia de Cores chocou frontalmente con outro turismo que invadiu o carril contrario. Todos os ocupantes resultaron feridos de diversa consideración, cinco en total, aínda que parece ser que M.D.V. se recuperou parcialmente das feridas e xa estaba de alta domiciliaria, este venres desvaneceuse e faleceu no acto.