Falece accidentalmente nun pozo un home de 93 anos en Coles

1 minutes read

Un home foi achado morto na tarde deste xoves nun pozo situado no lugar de Outeiro, no municipio de Coles (comarca de Ourense). Fontes do operativo explicaron que se trataba dun home de avanzada idade e que os bombeiros do Carballiño encargáronse de recuperar o corpo do pozo. Até o punto acudiron os servizos de Urxencias Sanitarias da Galiza 061, a Garda Civil, os Bombeiros do Carballiño, o GES de Pereiro de Aguiar e efectivos de Protección Civil de Coles. Segundo informou a Garda Civil, trátase dun home de 93 anos que foi achado polo seu fillo nun pozo situado nunha adega. O instituto armado iniciou unha investigación para esclarecer o ocorrido, aínda que sinala que non se aprecian signos de criminalidade. As primeiras hipóteses apuntan a un accidente.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?