Falece aos 54 anos José Manuel Mouzo, exalcalde socialista de Laxe

1 minutes read

José Manuel Mouzo Castiñeira, exalcalde de Laxe e portavoz municipal do PSOE, faleceu este domingo aos 54 anos de idade. Foi rexedor entre 2.015 e 2.019, aínda que formaba parte da corporación local desde o ano 1.999. Desde o concello de Laxe precisan que ” foi o alcalde de Laxe no anterior mandato, tras un pacto de acordo co BNG, e concelleiro de Protección Civil desde 1.999 a 2.019, ademais de concelleiro de cultura desde 2.009 a 2.015″. Tal e como se foi coñecendo a tráxica noticia, desde varias frontes políticas e culturais foron expresando ao longo deste domingo o apoio e respecto á súa familia e o seu máis profundo pesar pola morte de José Manuel. O seu cadáver está a ser velado na sala número 1 do Tanatorio San Antonio de Laxe. O funeral de corpo presente e o enterro terán lugar este luns 17 de maio, con saída do tanatorio ás 16:45 horas, e a continuación na igrexa e o cemiterio parroquial de San Simón de Nande (Laxe).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?