Falece aos 76 anos o promotor musical e xornalista Nonito Pereira

1 minutes read

Crítico musical, empresario e promotor desde hai décadas, Pereira foi un dos impulsores do Festival Noroeste Pop Rock. Ademais, fundou e mantivo a tenda de discos Noni’s na rúa Pérez Cepeda. Nonito comezou como disc-jokey nos anos sesenta no Playa Club da Coruña, foi un dos introdutores no país dos grupos británicos e americanos que triunfaban no mundo. En 1967 presentou en Radio Juventud da Coruña o primeiro programa de jazz feito en Galicia e, co tempo, as súas colaboracións multiplicáronse por xornais, radios e televisións. Colaborou tamén con COPE Ferrol nas décadas dos 70 e 80. Naquela Radio Popular emitíase «A Radio Feliz», un programa musical que realizaba e enviaba Nonito desde A Coruña mediante a súa propia produtora. En outubro deste ano presentouse a Asociación Musical Nonito Pereira, para dar a coñecer a súa traxectoria e impulsar a cultura musical. Nonito Pereira, morreu na madrugada deste martes aos 76 anos de idade, tras uns meses de loita contra unha grave enfermidade.