Bruno Castro Sambade, de 34 anos e xogador da S.D. Ameixenda, perdeu a vida este domingo ao saírse da vía e terminar nun terraplén o coche no que circulaba. O accidente ocorreu na estrada que une Cee e Muros, á altura da parroquia da Ameixenda, a menos de tres kilómetros da sua casa.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ao fío das 14:15 horas para alertar do sinistro.
Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Unha vez no lugar do accidente, a pesar dos esforzos realizados, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.
Por outra banda, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Cee tiveron que excarcerar o corpo sen vida de Bruno, ao quedar atrapado no interior do vehículo accidentado.