O director de carreiras de Fórmula 1, Charlie Whiting, faleceu tristemente esta mañá en Melbourne, aos 66 anos, como resultado dunha embolia pulmonar, tres días antes do Gran Premio de Australia que abrirá a tempada de F1.
Comezou a súa carreira de F1 en 1977 traballando no equipo de Hesketh, logo na década de 1980 en Brabham. Foi parte integral da organización do Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA desde que se uniu á Federación en 1988, e foi Director de Carreira desde 1997.
O presidente da FIA, Jean Todt, dixo: “É cunha inmensa tristeza que souben do repentino falecemento de Charlie. Coñezo a Charlie Whiting desde hai moitos anos e foi un gran Director de Carreira, unha figura central e inimitable na Fórmula Un que encarnou a ética e o espírito deste fantástico deporte.”
“A Fórmula 1 perdeu a un amigo fiel e un embaixador carismático en Charlie. Todos os meus pensamentos, os da FIA e toda a comunidade dos deportes motorizados están coa súa familia, amigos e todos os amantes da Fórmula 1“.
Ross Brawn, Director Executivo de Fórmula 1 dixo: “Coñezo a Charlie por toda a miña vida nas carreiras. Traballamos xuntos como mecánicos, fixémonos amigos e pasamos moito tempo xuntos en carreiras en todo o mundo.“
“Enchinme dunha inmensa tristeza cando escoitei a tráxica noticia. Estou devastado. É unha gran perda non só para min, senón tamén para toda a familia de Fórmula 1, a FIA e o deporte do motor en xeral. Todos os nosos pensamentos cara á súa familia “.