Ángel Martínez Pérez, Lito, faleceu na mañá deste xoves despois de precipitarse ao baleiro desde a ponte da Barca, entre Poio e Pontevedra. Coñecido como o Rey das Orquestras galegas tiña ás súas costas varios procesos xudiciais por defraudar a Facenda, levaba anos sufrindo patoloxías psiquiátricas. O seu estado de saúde foi empeorando por unha enfermidade neurolóxica dexenerativa, ata o punto de non estar en condicións de asistir ao último xuízo programado contra el na Audiencia Provincial de Pontevedra. En xuño de 2020 xa fora condenado a dous anos e tres meses de cárcere por delitos fiscais relacionados coa xestión irregular da súa actividade á fronte de varias orquestras, en concreto por defraudar ao fisco máis de 320.000 euros no Iva de 2011 e 2012. Aos seus 58 anos, Lito residía na Caeira. A Garda Civil investiga as causas da caída, aínda que todo apunta ao suicidio.
42