A moza fora trasladada ao CHUAC en estado grave , cando a primeira hora da tarde deste sábado, ao parecer, logo dunha discusión, un mozo compañeiro de piso ubicado no paseo de Ronda, presuntamente, a feriu no pescozo cunha arma branca. Na madrugada deste domingo a moza falecía pola gravidade das feridas, segundo confirmaron fontes do centro sanitario. O agresor tamén tivo que ser atendido polos servizos de urxencias e foi trasladado a dependencias policiais. A investigación segue aberta, pero en principio descártase que sexa un caso de violencia machista, xa que a vítima e o agresor non eran nin foron parella.