Falece nun accidente de tráfico o piloto de rallys Víctor Magariños


O piloto de rallys pontevedrés Victor Magariños faleceu este sábado no punto quilométrico 2 da estrada EP-0401, en Carballedo. Víctor Magariños estaba inspeccionando un dos treitos nos que se disputará a próxima semana o Rally de Pontevedra cando impactou contra outro coche que circulaba en sentido contrario. O condutor do outro vehículo resultou ferido. Magariños quedou atrapado no seu vehículo tras o accidente e os servizos de emerxencia non puideron facer nada por salvar a súa vida.