0
Segundo informa o 112, o falecido conducía unha furgoneta e, por causas aínda sen determinar, foise da vía e acabou batendo contra unha árbore.
Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar a vítima. Ata o lugar tamén se desprazaron as urxencias sanitarias, a Garda Civil e os servizos de mantemento da estrada.
O sinistro producíase na estrada N-640, ao seu paso polo concello de Castro de Rei. Ocorreu no quilómetro 75 á altura da parroquia de Ludrio.
