Falece o exalcalde socialista de Vimianzo Alejandro Rodríguez Lema

0 minutes read

Este sábado levantámonos coa triste noticia do falecemento de Alejandro Rodríguez Lema, militante, concelleiro 32 anos e alcalde socialista de Vimianzo durante máis de 20. Alejandro tiña 82 anos e estaba xubilado. Desde a agrupación socialista de Vimianzo lémbrano como «un compañeiro, un socialista que tiña o seu desexo de acudir a votar o próximo día 12 de xullo con moita ilusión, pero non poderá ser». Alejandro era o tío e padriño da actual alcaldesa vimiancesa Mónica Rodríguez. Os seus restos mortais están a ser velados no tanatorio Costa en Vimianzo.