O suceso de Barbadás ocorreu minutos despois das 12:30 horas deste luns. O 112 Galicia tivo constancia deste suceso a través dun particular, que explicou que un home de avanzada idade sufrira unha caída cando se atopaba podando unha árbore nunha finca situada na rúa de Hermida, en Bentraces (Barbadás). Os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Barbadás interviñeron para retirar o corpo do home, que quedou atrapado entre a árbore e a parede dun galiñeiro. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e a Policía Local e os membros de Protección Civil de Barbadás.
Falece un traballador en Betanzos tras ser atropelado por unha carretilla
Tratouse dun accidente laboral que ocorreu nunha empresa situada en Requián. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 16:15 horas deste luns. Segundo a información facilitada inicialmente, o traballador fora atropelado por unha carretilla e atopábase atrapado debaixo do vehículo. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos, á Policía Local, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil. Unha vez no punto, os Bombeiros de Betanzos confirmaron que o traballador finalmente non estaba atrapado e, malia os esforzos do persoal sanitario desprazado ata o lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida.
