32
Un home que circulaba en bicicleta perdeu a vida este sábado ao sufrir unha indisposición mentres manexaba o seu vehículo no Monte Pedroso, en Santiago de Compostela.
Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia do suceso.
A partir de aí, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Policía Local e Nacional.
A pesar dos esforzos, os servizos de emerxencias desprazados nada puideron facer por salvarlle a vida.