10
Un home de 56 anos, veciño de Redondela, faleceu este sábado mentres tallaba unha árbore nunha leira do concello de Soutomaior.
Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, a vítima empregaba un guindastre para tentar controlar a caída, pero ao final foille enriba.
O accidente ocorreu pouco antes das 10:00 horas. Ata o lugar desprazáronse o 061, axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén Tea e Redondela.