Falece un home ao envorcar o vehículo co que traballaba

0 minutes read

A Axencia Galega de Emerxencia acaba de informar da morte dun operario que estaba traballando en Carballeda de Valdeorras.

O vehículo que manexaba envorcou e o condutor quedou atrapado no mesmo.

Nestes momentos, os Bombeiros de Valdeorras atópanse no lugar dos feitos traballando conxuntamente co GES da localidade e cos servizos sanitarios para excarcerar a vítima.