Falece un home ao quedar atrapado nunha máquina de cortar madeira en San Cristovo de Cea

0 minutes read

Un home faleceu ao quedar atrapado nunha máquina mentres cortaba leña. Os feitos sucederon na aldea Anllo, na parroquia de Castrelo, concello de San Cristovo de Cea. Ao fío das 19:45 horas deste luns, o 112 Galicia recibía a alerta do accidente a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. De xeito inmediato, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencia (CIAE) 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros do Carballiño, dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do varón.