Falece un home ao sufrir un accidente de tractor no Porriño

1 minutes read

Un home de 57 anos faleceu este xoves nun accidente de tractor ocorrido no Porriño. O suceso produciuse pouco despois das sete e media da tarde no lugar do Mosteiro, na parroquia de Budiño. Por causas que se investigan, o vehículo envorcou e o home quedou debaixo. Foi un veciño o que deu a voz de alarma.

Os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizaron ata o punto unha UVI móbil e unha ambulancia de SVB, así como persoal sanitario do PAC do Porriño. Ata o lugar tamén se desprazaron os Bombeiros do Porriño, a Garda Civil, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil.

Os equipos de emerxencias rescataron o home de debaixo do vehículo, pero pese aos esforzos dos profesionais sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida.