Falece un home de 51 anos tras bater o seu coche contra un poste en Verín

0 minutes read

Un home de 51 anos faleceu á última hora deste martes tras chocar co seu vehículo contra un poste eléctrico na OU532 ao seu paso por Mourazos, no concello de Verín, ás 20:45 horas.

Ata o lugar trasladáronse os Bombeiros de Verín, a Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias, que nada puideron facer por salvarlle a vida.

Tras o impacto, o home saíu despedido do interior do coche. Polo de agora, descoñécense as causas do accidente.