Falece un home de 79 anos atropelado en Vilasantar

Imaxe dunha ambulancia 061

O suceso produciuse ás 19:35 horas deste mércores no quilómetro 29 da estrada que une Betanzos (A Coruña) con Agolada (Pontevedra), a AC-840. Un home de 79 anos baixouse do seu vehículo e foi atropelado por outro automóbil que circulaba no mesmo sentido. A continuación, un terceiro coche tamén o arroiou nun tramo sen iluminación no que non facía uso de ningunha peza reflectora, aínda que portaba unha lanterna pequena. O persoal sanitario que acudiu ao momento non puido facer nada pola súa vida e confirmou o seu falecemento.