O suceso rexistrouse sobre as seis e media da mañá deste martes nas inmediacións dunha vivenda situada no lugar de Corvillón, en Cambados. O falecido tiña 31 anos e segundo as primeiras investigacións, saíu da súa vivenda cando chegaron os axentes, cos que iniciou un tiroteo. A vítima foi trasladada ao servizo de urxencias do Hospital do Salnés, onde ingresou cunha ferida de bala, segundo confirmou o Servizo Galego de Saúde. Faleceu pouco despois, durante as primeiras atencións do equipo asistencial. As actuacións, en que colabora a Garda Civil, desenvolvéronse nos concellos pontevedreses de Vilagarcía, Vilanova de Arousa, Cambados e Ribadumia. Polo menos quince persoas foron detidas. A operación, que continñua aberta, atópase baixo segredo de sumario e está a ser coordinada pola Praza 4 dos xulgados de Instrución de Cambados, en quenda de garda no momento dos feitos.
0