18
Segundo informaron o 112 Galicia e a Garda Civil, o accidente produciuse no termo municipal de Cartelle, en Ourense, na estrada OU-404, que comunica as localidades de Celanova e Barral, cando por causas que se descoñecen o condutor, de 71 anos, se saíu da vía e caeu por un desnivel.
Foi un particular o que alertou do ocorrido e dixo que había unha persoa que podía requirir asistencia médica. Ata o lugar desprazouse persoal de emerxencias médicas, cunha ambulancia medicalizada, pero non puido facer nada pola vida do home a pesar dos esforzos realizados.
Tamén acudiron os Bombeiros da Mancomunidade de Celanova cos equipos de liberación para poder rescatar a esta persoa, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.