Falece un home en Ponteareas ao caerlle enriba unha árbore que estaba cortando

1 minutes read

Faltaban apenas uns minutos para as nove da mañá deste mércores cando o 112 Galicia recibiu un aviso por un home inconsciente na Barreira, en Ponteareas. Segundo explicou o alertador, foi golpeado por unha árbore, que estaba talando nunha leira situada na parroquia de Xinzo.

Engadiu que non lle respondía e precisaba asistencia sanitaria urxente. Así pois, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha dotación ao punto a bordo do helicóptero con base en Ourense. Sen embargo, todos os esforzos foron inútiles, pois o home resultou falecido.

Ademais dos sanitarios, neste operativo interviñeron os axentes da Policía Local e da Garda Civil co fin de recoller toda información sobre o que acontecera. Desta maneira, confirmaron que o falecido estaba talando árbores nun predio da súa propiedade xunto cun amigo, que alertou a través do 112 Galicia.

Cómpre sinalar que a vítima estaba liberada e accesible, polo que descartouse a participación dos equipos de emerxencias.