24
Un home faleceu na tarde deste luns no municipio lucense da Pastoriza mentres participaba nunha talla de árbores nunha leira privada. Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu nun terreo próximo á igrexa de San Cosme de Piñeiro. O operario de 55 anos faleceu ao caerlle enriba a póla dun eucalipto, e morreu no acto. Outra persoa que estaba no lugar alertou aos servizos de emerxencias, que xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. Ao lugar acudiu unha ambulancia do 061 e á Garda Civil. Malia que, non foron necesarios os equipos de excarceración, tamén foron informados os Bombeiros de Vilalba.