37
Un varón faleceu na tarde deste luns despois de ser rescatado da auga na praia de Perbes no concello coruñés de Miño.
Sucedeu preto das 16:00 horas momento no que varios particulares alertaban ao 112 Galicia dun varón rescatado da auga. Indicaban no seu relato que varias persoas tentaban reanimar á persoa.
Axiña, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e os axentes da Garda Civil. Tamén informouse o persoal socorrista da praia, aínda que os medios desprazados no lugar confirmaron que o home estaba fóra da auga.
Con todo, pese aos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida.