Falece un home tras ser rescatado da auga na praia de Perbes

Un varón faleceu na tarde deste luns despois de ser rescatado da auga na praia de Perbes no concello coruñés de Miño.

Sucedeu preto das 16:00 horas momento no que varios particulares alertaban ao 112 Galicia dun varón rescatado da auga. Indicaban no seu relato que varias persoas tentaban reanimar á persoa.

Axiña, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e os axentes da Garda Civil. Tamén informouse o persoal socorrista da praia, aínda que os medios desprazados no lugar confirmaron que o home estaba fóra da auga.

Con todo, pese aos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha