4
Un home faleceu logo de accidentarse co seu tractor nunha pista de terra localizada no lugar de Bouza, en Pexeiros (Viana do Bolo).
Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen, minutos antes das 19 horas deste venres, informou ao 112 Galicia deste sinistro. Desde un primeiro momento, os alertadores sinalaron que o implicado podía estar falecido.
Os servizos de emerxencias tiveron que actuar para liberalo, xa que se atopaba atrapado por unha roda. Só se puido confirmar o seu falecemento.
Neste operativo participaron, ademais dos servizos sanitarios, o GES da Gudiña, os axentes da Garda Civil e a Policía Local de Viana do Bolo.