48
O accidente ocorreu na estrada PO-404, que une Salvaterra e Salceda, na parroquia de Cabreira. O condutor da moto bateu contra un coche que se incorporaba a esta vía e no que viaxaba unha muller e unha menor. O golpe contra o turismo produciuse no lateral do vehículo, e como consecuencia do impacto o motorista faleceu no lugar.
A vítima é un home de 35 anos veciño de Salvaterra. No operativo de urxencia participaron os profesionais do 061 que non conseguiron reanimalo e os Bombeiros do Baixo Miño, que acudiron ante a posibilidade de que o falecido estivese atrapado. Finalmente non foi necesario liberalo, e a Garda Civil de Tráfico investiga agora as causas do accidente.