Unha persoa de 39 anos perdeu a vida este mércores ao chocar contra un farol a moto na que circulaba en Vigo. Os feitos sucederon na Estrada Vella de Madrid. Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do accidente.
Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, a pesar dos esforzos, nada puido facer por salvarlle a vida á persoa accidentada.
Ademais, desde Emerxencias 112 Galicia informouse do sinistro á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vigo, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade e ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, para prestar apoio aos familiares da persoa falecida.