Falece un motorista en Tui ao bater contra un poste

0 minutes read

Un motorista faleceu ao saírse da vía e bater contra un poste na estrada PO-342, ao seu paso pola parroquia de Rebordáns, no concello de Tui.  Un compañeiro da vítima púxose en contacto coa central de emerxencias, alertando de que o condutor da moto se atopaba inconsciente. Ata o lugar do accidente acudiu persoal sanitario do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como efectivos de Protección Civil. Pero, xa nada puideron facer por salvarlle a vida.