Falece un motorista nunha saída de vía no concello de Redondela

1 minutes read

Un motorista morreu en Redondela nun accidente de tráfico ocorrido este venres pasadas as 23:00 horas. Segundo informa o 112, a vítima foise da vía no camiño de Fortóns, na N-550.

Un particular avisou a Axencia Galega de Emerxencias que mobilizou o 061, a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico. Cando chegaron, o condutor estaba moi grave e faleceu pouco despois no lugar dos feitos.

A veciñanza asegura que neste punto os accidentes son moi frecuentes pola acumulación de grava. Segundo explican, o pedrullo concéntrase nunha curva perigosa onde derrapan os vehículos que van dar á casa situada en fronte.