Falece un mozo de 27 anos tras chocar dous vehículos en Castro de Rei

0 minutes read

Un mozo de 27 anos morreu nun accidente de tráfico ocorrido esta madrugada no concello de Castro de Rei. Segundo informa o 112, dous turismos bateron frontalmente no quilómetro 5,8 da estrada LU-P-1706. Os bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar a vítima. Outra persoa quedou ferida e foi evacuada en ambulancia por persoal sanitario. No operativo tamén colaboraron os axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal do servizo de mantemento das estradas.