O sinistro aconteceu na estrada provincial que volve cara a Cangas dende Cabo Home, á altura da parroquia do Hío. Varios ciclistas atoparon este domingo o coche accidentado no medio do monte co seu condutor falecido e o acompañante semi-incosciente. Os Bombeiros do Morrazo e o equipo municipal de Emerxencias de Cangas traballaron arreo para poder sacar dos ferros ao acompañante do condutor, que estaba con vida. Foi trasladado nunha ambulancia medicalizada ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cidade de onde eran ambos, pero veraneaban coas súas familias en Cangas. Investigan se o sinistro se puido producir por un exceso de velocidade nunha zona de curvas pronunciadas. O coche caeu por un terraplén de máis de tres metros de altura.
20