Os bombeiros retiraron o corpo do mozo do interior do vehículo, mais non tiveron que excarcerala, e os servizos sanitarios nada puideron facer pola súa vida.
Un particular informou ao 112 Galicia do choque dun turismo contra o muro dunha casa no quilómetro 31 da AC-305, á altura de Posmarcos. Eran as 1:20 horas da madrugada deste venres, e no interior do vehículo había unha persoa posiblemente atrapada.
Decontado, alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Boiro e Ribeira, voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal e aos servizos de mantemento da estrada.
Os profesionais sanitarios practicáronlle manobras de reanimación no lugar dos feitos, mais finalmente só puideron confirmar o seu falecemento.