Falece un operario ao caerlle unha árbore enriba na localidade de Alfoz

0 minutes read

Un operario de 22 anos e de orixe rumano faleceu na tarde deste martes ao caerlle unha árbore enriba na localidade luguesa de Alfoz, na parroquia de Bacoi, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias.

Ata alí desprazáronse axentes da Garda Civil e efectivos dos servizos sanitarios, que nada puideron facer por salvarlle a vida.