Falece un traballador de 28 anos no polígono de Carballo tras unha caída de altura

1 minutes read

Un home de 28 anos, de procedencia sudamericana, faleceu na tarde deste luns no que se investiga como un accidente laboral ocorrido nunha nave da rúa Titanio do polígono de Bértoa. O 112 Emerxencias Galicia pasaba unha alerta preto das seis e media da tarde, en consecuencia ao lugar desprazáronse en primeira instancia unha Ambulancia do 061, membros de Protección Civil así como unha patrulla da Policía Local e outra da Garda Civil. Tamén aterrou no lugar un helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, por se fose necesaria unha evacuación inmediata do ferido, pero en poucos segundos xa se confirmaba o peor desenlace, o home falecera. Segundo as primeiras hipótesis esta persoa, de 28 anos, estaría traballando en altura, a uns 4-5 metros do chan, e por causas que se investigan caería ao valeiro.