Falece un traballador de 35 anos en Vimianzo ao envorcar o camión que manipulaba

1 minutes read

Un traballador de 35 anos, Adrián Valiña, natural da parroquia de Berdoias, faleceu a primeira hora da tarde deste venres como consecuencia dun accidente laboral nas instalacións da empresa Servizos Industriais e Ambientais Vimianzo S.L., Siavi, con sede en Castrelo. Segundo as primeiras informacións o traballador estaba ao volante dun camión de dous eixos, sospéitase que deu marcha atrás para levantar o remolque e descargar nunha fosa os lodos almacenados no seu interior. Por causas que a Garda Civil investiga, o camión levantouse polo eixo traseiro e elevou a cabina, que acabou impactando violentamente contra o chan e precipitándose ao interior do foso, provocando a morte do condutor e único ocupante do camión. Tras a alerta pasada polo 112 ata o lugar do accidente acudiron axentes da Garda Civil e da Policía Local de Vimianzo, sanitarios do 061 e unha dotación de bombeiros, que só puideron certificar o falecemento do home.