41
O suceso produciuse na parroquia de Carnés a última hora da tarde deste domingo. O home, de 72 anos, viaxaba nun carro de cabalos e por causas que se investigan o carro envorcou nunha curva e a vítima saíu despedida levándose un gran golpe na cabeza que lle produciu un forte traumatismo, a causa do cal falecería unhas horas máis tarde no hospital.