Falece unha moza de 26 anos en Mos tras bater coa súa moto contra un noiro

0 minutes read

O sinistro producíase na N-550, a moza, veciña deste concello, faleceu no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ao que foi trasladada de urxencia tras o sinistro. Segundo o 112, a condutora foise da vía por causas aínda sen determinar e bateu contra un noiro á altura do punto quilométrico 149, na parroquia de Louredo. Un amigo viaxaba noutra moto. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Mos, que se atopaba realizando outro servizo na zona, asegura que ambos os dous circulaban a modo.