Falece unha muller de 68 anos ao ser atropelada en Cee

1 minutes read

O accidente produciuse na avenida Fernando Blanco, á altura do almacén Fuco Corbelle, cando a muller trataba de cruzar a calzada e foi arroiada por un turismo. A vítima sufriu un forte golpe na cabeza ao caer ao chan e xa non se puido facer nada por salvarlle a vida. Atendendo á información facilitada pola central do 112 Emerxencias Galicia o sinistro levou a intervir a persoal sanitario, Bombeiros de Cee, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Cee, así como operarios de mantemento da vía. Nas proximidades onde se produciu o accidente hai un paso de peóns, investíganse e analízanse agora as causas e o lugar exacto do atropelo mortal.