Falece unha muller de 83 anos tras saírse da vía co seu coche en Silleda

1 minutes read

Ocorreu contra as 18:20 horas deste mércores, e o 112 Galicia tivo constancia a través da chamada dun particular que se atopaba no lugar do accidente: unha muller permanecía atrapada no seu vehículo tras saírse da vía contra unha igrexa á altura do quilómetro 2 da EP-6504, en Negreiros.

Cando chegaron, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da implicada.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Silleda e a Garda Civil de Tráfico e os bombeiros tiveron que realizar as tarefas de excarceración do corpo da falecida, unha muller de 83 anos, veciña de Breixa.