Falece unha muller e un home resulta ferido nunha saída de vía en Quiroga, Lugo

1 minutes read
  • O accidente produciuse uns minutos antes das once da mañá deste sábado na N-120

Unha muller perdeu a vida e un home resultou ferido na mañá deste sábado ao sufrir unha saída de vía co vehículo no que circulaban pola pola N-120, na estrada que une as localidades de Monforte e Quiroga, na provincia de Lugo.

O incidente produciuse uns minutos antes das 11:00 horas, cando un particular alertaba do suceso ao 112 Galicia. Segundo esta testemuña, o coche saíuse da vía e chocou contra unha das barreiras de seguridade da estrada. A vítima morreu no acto, aínda que o home puido abandonar o vehículo polo seu propio pé.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte de Lemos e dos membros do GES de Quiroga.

Debido á gravidade das lesións sufridas polos ocupantes do turismo, o equipo médico comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.