Falece unha muller, entre Xinzo e Vilar de Barrio, ao caer dunha furgoneta en marcha

0 minutes read

Ocorreu pasadas as nove da mañá deste domingo e ata alí desprazáronse efectivos da Garda Civil, Protección Civil e persoal sanitario, que solicitou a asistencia dun helicóptero medicalizado. Malia todos os esforzos, a vítima morreu no lugar.

A Garda Civil traballa para esclarecer as circunstancias do suceso. En principio, desbota a intención criminal do accidente que, nun primeiro momento, tratou como posible atropelo. 

Varias testemuñas aseguran que a muller caeu á estrada ao abrirse o portón da furgoneta cando tentaba alcanzar o móbil na parte traseira.