Falece unha muller nunha colisión entre un turismo e un camión en Sofán, Carballo

1 minutes read

Unha colisión entre un coche e un camión de pequenas dimensións, saldouse cunha muller falecida na parroquia carballesa de Sofán.

Faltaban cinco minutos para as 19 horas deste domingo, cando un particular chamou ao 112 Galicia para informar dun accidente entre o seu vehículo e un camión pequeno de transporte de animais, no Lugar Guitoi de Abaixo.

Inmediatamente, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida á muller de 63 anos que viaxaba co seu fillo e a súa neta na parte traseira do turismo accidentado, un Citroën Xsara.

Ademais, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Bergantiños, da Garda Civil, da Policía Local e dos membros de Protección Civil de Carballo.

A maiores da persoa falecida as outras dúas persoas implicadas no accidente que viaxaban no turismo tamén resultaron feridas.