30
Unha muller de 70 anos perdeu a vida despois de ser rescatada da auga na Praia de Perbes, no concello coruñés de Miño. Foi unha persoa particular quen chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Deseguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios que, malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida. Co fin de esclarecer as circunstancias do suceso, ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil.