0
Na casa declarouse un incendio que foi sufocado por particulares, sen necesidade de chamar os equipos de urxencia. Parece que a muller se esvaeceu. Familiares e veciños trataron de reanimala mentres non chegaba a ambulancia, pero finalmente faleceu. A vítima tiña uns 70 anos. Ata o lugar desprazáronse sanitarios, os bombeiros do Salnés, a Garda Civil e Protección Civil de Cambados. As forzas de seguridade investigan as causas do suceso, aínda que todo parece indicar que as lapas empezaron na campá extractora. Será a autopsia a que determine as causas exactas do seu falecemento.