Falece unha persoa ao esnafrarse unha avioneta en Mérida

0 minutes read

Unha persoa faleceu ao esnafrarse unha avioneta nunha leira en Mérida, en Badaxoz. O accidente produciuse ao redor das 19.00 horas deste luns. Os bombeiros e sanitarios desprazados ata a zona só puideron confirmar a morte dunha persoa. O aparello partira de Salamanca. A Policía Nacional e Policía Xudicial investigan agora as causas do sinistro.