Falece unha persoa no interior dun pozo de auga en Sober

Coche Garda Civil

Unha patrulla da Garda Civil trata de averiguar as circunstancias do suceso, no que perdeu a vida unha veciña de Sober. Segundo a información facilitada por un familiar ao 112 Galicia, a persoa caeu a un pozo de auga no lugar das Lumieiras.

Aínda que o acceso ao corpo era posible, quen acudiu a socorrer a vítima preferiu esperar a chegada dos equipos de emerxencias. Así, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que rapidamente confirmaron o falecemento da muller, e dos Bombeiros de Monforte, que quedaron á espera de se fosen necesarios.

Igualmente, os axentes da Garda Civil recibiron esta información por parte dos xestores do Centro Intergrado de Atención ás Emerxencias de Galicia co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu este falecemento.

Cómpre indicar que a chamada de emerxencias rexistrouse no 112 Galicia pasados uns minutos das oito da mañá dete luns.