Falece unha veciña do Barco tras colidir o seu coche contra un camión

0 minutes read

Unha muller faleceu este mércores nunha colisión frontal entre un turismo e un camión. O sinistro tivo lugar na nacional 120, xusto na entrada do túnel da Barosa, no concello ouensán de Rubiá. A vítima, veciña do Barco, de 42 anos, quedou atrapada no vehículo. Foi precisa a intervención dos bombeiros de Valdeorras para liberala. Era a única ocupante do turismo que quedou encaixado no camión. A Garda Civil de Tráfico investiga as causas do accidente..