24
Dúas persoas faleceron este sábado de madrugada nun accidente laboral ocorrido nunha planta de reciclaxe de plásticos na Cañiza. Segundo informa o 061, morreu unha muller de 42 anos e un home de 50.
A ambulancia asistencial e o persoal sanitario do Punto de Atención Continuada do concello trasladáronse ata o lugar pero nada puideron facer para salvarlles a vida.
Un compañeiro das vítimas alertou o 112 sobre as dúas da madrugada. De acordo co seu relato, atopábanse baixo sacos de plástico derretido e de gran peso e non podían moverse polo que sospeitaba que xa faleceran.