O ex tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero, o principal protagonista do golpe de estado do 23-F, morreu este mércores aos 93 anos en Alzira (Valencia), comunicou un dos seus fillos. O seu falecemento coincidiu xusto co día no que se desclasificaron os documentos secretos relativos ao 23F, cando se acaba de cumprir o 45 aniversario da asonada, e entre os que están incluídos conversacións do propio Tejero con outros participantes, trascripcións de chamadas telefónicas do rei, así como diversos informes. Tejero foi o rostro máis visible do golpe de estado, cando o 21 de febreiro de 1981, ao mando dun grupo de gardas civís, asaltou armado o Congreso dos Deputados durante a investidura como presidente do Goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo. O pasado 23 de outubro de 2025, circulou o rumor de que falecera, e mesmo algúns medios chegaron a publicar informacións sobre iso, despois de que sufrise un empeoramento no seu estado de saúde, pero a súa familia desmentiuno a través dun comunicado. Tejero vivía en Alzira cun dos seus fillos.
4